martes 29 de abril de 2008

ESTREA DO ÚLTIMO TRABALLO




O 26 de maio arrancou no Salón Teatro a IX Mostra de Teatro Universitario Universidade de Santiago de Compostela, na que presentamos o noso último traballo Comedia bífida. Unha chea de xente amosou o seu divertimento entre risas e aplausos, aplausos estes que interromperon o desenvolvemento da obra nalgunha ocasión. Por outra banda, cabe destacar os parabéns do autor, que non soamente asistíu, senón que foi directamente implicado nela.

A obra
M. Núñez Singala.
Dramaturxia e dirección Tero Rodríguez.
Velaquí unha curiosa versión do Xuízo Final. Con san Pedro como xuíz supremo –como seica mandan os canons, polo menos os vaticanos-, os mortos desta obra de teatro son xulgados pola súa actitude en vida a prol ou en contra do uso da lingua propia. Xa que os mortos son maiormente galegos, vai resultar que a lingua en tea de xuízo é o galego, ese rexistro idiomático posto en cuestión no país do que é orixinaria e sinal de identidade. Un arcanxo defensor e un demo fiscal darán o contrapunto argumental á hora de sopesar as razóns que levan a un galego ou galega a non querer falar a súa lingua con normalidade. Humorismo, ironía, sarcasmos varios, crítica e autocrítica serán convenientemente servidos nesta derradeira cea teatral nas antesalas do inferno ou do paraíso. E vostede, falante, a onde cre que vai ir parar co uso que está a facer do seu galego de toda (é un dicir) a vida?
O autor
Comedia bífida é un texto teatral de Manuel C. Núñez Singala, publicado en abril de 2007 por Editorial Galaxia dentro da colección Costa Oeste. Escritor, filólogo, director do Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Núñez Singala é tamén autor das seguintes obras: Solidariedade occidental, O achado do castro, Longa lingua: os contos da Mesa e Mar de fondo.
Idioma galego
Duración 90’
O elenco (por orde de aparición)
Anxa Eva: Eva Souto
Anxa Sandra: Sandra Iglesias
Anxo David: David Pobra
Obreiro: Pablo Aldrey
San Pedro: Chencho Campos
Arcanxo: Pablo Aldrey
Lucifer: Joshua Ross McCarey
Diña: Eva Souto
Amiga: Sandra Iglesias
Eliseu: David Pobra
Lina: Eva Souto
Lana: Sandra Iglesias
Español: David Pobra
Pepe: David Pobra
Adaptación do texto e dramaturxia: Tero Rodríguez
Asesoramento lingüístico: David Pérez González
Maquillaxe: Eva Souto
Escenografía: Diego Rojo
Vestiario, iluminación: bicodobrelo
Produción: Eva Souto - Sandra Iglesias - Diego Rojo
Fotografía: Per Rueda - Sandra Iglesias
Deseño gráfico: Chencho Campos
Coreografía: Sandra Iglesias e Joshua Ross McCarey
Dirección musical e composición: Diego Rojo
Dirección: Tero Rodríguez
Distribución, difusión e contacto: bicodobrelo@gmail.com
tel. 654721393 / 619160700 / 605141306
Agradecementos
Queremos manifestar un agradecemento especial pola súa colaboración ás seguintes persoas e institucións:
M. Núñez Singala
Talía Teatro
Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela
Roberto Salgueiro
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela
Cristina Domínguez
Centro Dramático Galego
Xabier Olite
Cheché
César Longa
Decanato da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
Decanato da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
Concello da Estrada
Theodor Smeu Stermin
Sala de Teatro Santart (Santiago de Compostela)
Adolfo Muíños
Pub Simbad (Ordes)
Pub Trébol (Restande.Trazo)
Mariana Carballal
Lina Pérez
Santi Prego
Alejandra Montemayor

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola
Vin a vosa obra no Salón Teatro. Encantoume. Paseino moi ben e só quería darvos as gracias.

Anónimo dijo...

Xenial!!!
Da gusto saber que hai grupos como o voso. Fixestes outras montaxes?

Leticia dijo...

Hau!!!

Al igual q "Anónimo",vi a Comedia Bífida, y al igual que a él/ella/ellos/ellas salí con muy buen sabor de boca y una gran sonrisa.

Creo que a los textos de Manuel C. Núñez Singala se les puede sacar mucho jugo en escena, y creo que lo habéis conseguido.

Así que, de verdad, felicidades.

ah!!! os quería preguntar si volveréis a representarla por aqui...o por allá...

Muchas gracias =D

Anónimo dijo...

Vinvos hoxe, que risazas, noraboa a Lucifer, a verdade e que todos o fixestes moi ben pero quedei impresionada con el!
Un saúdo, volvede pronto pola Estrada.

Tinetemtg dijo...

Impresionante! ^^
non sei como vos piden tan poucos autógrafos!

LaUrA93 dijo...

Eu quedei encantada con vos, hoxe viñeron a interpretar Matilde no meu instituto e ainda que é unha historia dramática tamén me rin un cacho. Estou desexando ir ao teatro a vervos. Que conste que eu lle queriia pediir un autografo, a eva souto sobretodo porque pareceme un tipa moii riqiña jajaj e fixonos rir moito, pero tocou o timbre. Oxalá teña outra ocasión de vervos no instituto para pedirvos autógrafos.
Estades invitados a Cacheiras, acabades coa monotonía do instituto.
1 biqiñoo